A Parroquia de Cambados, ao igual que moitas das parroquias dos arciprestados de Arousa, Salnés e Ribadumia vémonos en Castrelo dende fai uns anos na Escola de Catequistas. No presente curso tivemos a primeira xuntanza no mes de outubro e, despois de falar co Noso Pai e saudarnos, puxemos en común as valoracións que foron chegando ao longo do verán en relación aos encontros do curso pasado e nas que destacaban unha moi alta valoración das experiencias e aportacións que supuxo esta escola para a nosa formación e crecemento persoal. Rematada esta etapa de valoración, tivo lugar un "Brainstorning" Chuvia de ideas sobre como continuar este curso centrando toda a nosa atención na "Palabra de Deus". Logo de escoitar diversas propostas e valorar en conxunto as ventaxas e inconvenientes de cada unha acordamos que o máis educativo e o máis efectivo para empezar sería invitar a unha persoa realmente experta no tema e que fose a encargada de poñernos en camiño. Pareceunos que a persoa que reunía mellores cualidades como experto e como docente era José Antonio González. E así foi. O noso párroco foi o responsable de realizar as xestións oportunas para coordinar tempos e horarios e, como resultado destas xestións, o día 16 de novembro puidemos encontrarnos de novo na Escola de Catequistas de Castrelo con José Antonio. Foi tal a resposta das catequistas a esta chamada que o local de reunión habitual se quedou pequeno e nos levaron a outro local máis grande que tamén se viu pequeno de máis e rematamos no salón de actos. Foi unha noite especial. A sabedoría, a experiencia, o saber facer de José Antonio deunos, ademais dunha información de grande interese, unha ilusión renovada e azos para emprender a tarefa de coñecer máis a fondo a Biblia, de lela, sentila, meditala, de orar, profundizar e facela viva. Transmitiunos dun xeito único a vida e a forza que gardan esas Palabras de Vida recollidas nas Sagradas Escrituras.
Dende aquí vaia por diante o noso agradecemento por ese tempo que nos adicou e que tanto ben nos fixo.
Como no Nadal todas as parroquias estamos xa moi volcadas coa preparación deste gran acontecemento, acordamos reencontrarnos de novo no 3º venres de xaneiro para continuar na liña de traballo iniciada e que xirará encol da "Palabra"..
Un saúdo
Rosa Fiel
Catequista da Parroquia de Cambados
Un saúdo
Rosa Fiel
Catequista da Parroquia de Cambados