Queridos amigos:
En distintos fins de semana de marzo e de abril esta Delegación convoca senllos encontros de leigos en cada unha das Vicarías Territoriais.
En distintos fins de semana de marzo e de abril esta Delegación convoca senllos encontros de leigos en cada unha das Vicarías Territoriais.
.Os obxectivos destes encontros, como sabes e como se manifesta en todas as nosas xornadas e asembleas, son varios e todos importantes:
.• coñecernos mellor e intercambiar ilusións e disficultades na vida do cristián comprometido;
• facilitar a comunicación entre os leigos das asociacións e movementos así como a implicación na vida parroquial;
• estimular os leigos non asociados, pero activos na pastoral parroquial, para asumir o compromiso transformador e militante da fe.
• promover a formación dos cristiáns leigos para vivir dignamente a fe que profesan.
• favorecer o sentido gozoso de pertenza á Igrexa.

.Naturalmente estes obxectivos non se conseguen nunha escueta xornada de convivencia, pero tamén é certo que mediante estes encontros se abren camiños, derrúbanse prexuízos e, sobre todo, cóllense folgos e alento ao constatarmos que non estamos sós, que as nosas preocupacións son compartidas por moitos irmáns nosos, e que a fe, vivida persoalmente, celebrada na comunidade, e profesada no entorno social e familiar é o mellor servizo que lles podemos facer aos nosos conveciños: o anuncio de Xesucristo, o Señor. Ese foi o seu mandato. Esa é a nosa misión. A de todos os cristiáns.
.
Rógovos, logo, que informedes e animedes a participación nestes Encontros de Reflexión e Convivencia aos membros da vosa asociación, agrupación ou movemento, así coma a outros amigos activos na vida parroquial e sensibles á tarefa de anunciar o evanxeo.

.Acompaño estas letras co programa do Encontro. Nel veredes que hai un boletín de inscrición para que poidamos contar previamente co número de participantes e preparar así os materiais da reunión. Se é preciso facedes fotocopias para máis. Se empregades o correo electrónico, será ben que incluades no texto os datos correspondentes.
.Ademais do programa vai un cuestionario asequible de preparación do Encontro. Que ninguén deixe de asistir por non ter traballado o cuestionario, pero estaría moi ben que, sobre todo en grupo, os asistentes o trouxeran pensado e respondido.
.Co meu agradecemento polo voso testemuño de fe e pola vosa sensibilidade de cristiáns corresponsables na Igrexa, recibide o meu fraterno saúdo e o meu ofrecemento para o que ben dispoñades.
.
Andrés García Vilariño
Delegado Diocesano de Apostolado Segrar
SANTIAGO DE COMPOSTELA
.
Andrés García Vilariño
Delegado Diocesano de Apostolado Segrar
SANTIAGO DE COMPOSTELA