Non podemos máis que dar grazas ao Bo Pastor por guiar, nunha soleada tarde, a unha boa parte do seu rabaño a uns pastos verdes, con fontes de auga refrescante no máis alto da provincia da Coruña. En Raiña, un terreo da parroquia de S. Martiño de Cabrui no concello de Mesía tivo lugar, onte domingo, un encontro festivo da catequese na que participaron nen@s dos Arciprestados de Barbeiros e Sobrado.
Nada menos que 191 ne@s acompañados das súas familias e dos sacerdotes de diversas comunidades. No mundo rural, onde o despoboamento é cada vez máis acusado e os nacementos se reducen á mínima expresión, foi unha experiencia gozosa, e á vez alentadora, participar nun encontro así.
A partir das 13:30h acolleuse a un enorme grupo de persoas que ían chegando pouco a pouco a un lugar descoñecido aínda que sorprendente pola súa riqueza natural de árbores centenarias, mananciais de auga e calmada paisaxe.
Despois dunha calorosa presentación e, tras o saúdo do Sr. Vicario e o Delegado de Catequese, D. Luis e D. Eugenio, tivo lugar a comida, que foi compartida nunha única mesa entre todos os asistentes. Larga sobremesa e café para os adultos, mentres os nenos facían cola ante os xogos inchables e os talleres de globoflexia.
Dúas representacións de teatro, unha dos mozos e outra dos adultos, volveron unir o gran grupo a iso das 16:30h e entoar animadas cancións. Foi entón cando comezaron os xogos que duraron toda a tarde. Sorprendentes os pais á hora de xogar, gozaron tanto como os pequenos. Algún, mesmo emocionado, agradecía poder recordar os xogos da súa infancia xa que nos acompañou e cativou a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Ata que ás 7 da tarde, sendo fieis ao programa, despedimos o acto cun momento de oración presidido por tres imaxes emblemáticas: un Cristo Rey sen brazos, a de Santa María Raíña e a de S. Isidro Labrador, a quen encomendamos ás moitas persoas que alí viven do campo.
Sorteamos, ademais de varios regalos, un balón asinado por Juan Carlos Valerón (xogador do Depor) que non puido acompañarnos. E despedimos o día e aos agradecidos asistentes, regalando unha Biblia infantil a cada un dos asistentes ademais de soltar tres pombas e plantar unha oliveira, símbolos de paz, xunto cuns recordatorios nos que se podía ler a frase de Gandhi: "Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño", mentres cantabamos: "Eu soñei que algunha vez todo ou mundo era un fogar, todo ou mundo unha familia universal. Unha casa que eu soñei, coas portas sen pechar..."
Grazas sinceras a todos por mobilizarse, por non quedar comodamente na casa, por unirse entre parroquias descoñecidas e afastadas, por facer Festa e, no fondo, por compartir o máis valioso que temos: a VIDA. Raíña do Ceo, rogas por nos.
Testimonio y fotos enviados por: D. Victor Manuel Blanco Naveira, párroco de Curtis
¡Animaros a mandar vuestros testimonios,
fotos, y todo lo que queráis compartir!
fotos, y todo lo que queráis compartir!
¡Juntos hacemos comunidad!