Año Jubilar de la Misericordia

14 de mayo de 2012

Clausura da Escola de Catequistas da Coruña

Os catequistas do noso arciprestado (e tamén os das outras parroquias da cidade) estamos convocados á derradeira charla de formación catequética deste curso.

Tal e como se anunciou na última sesión, este mes contaremos coa presenza de don Eugenio González, OSB, director do Secretariado de Catequese da nosa Diócese, que falará do método de emprego dos materiais que envía semanalmente por correo electrónico a tódolos catequistas apuntados na lista de envío do Secretariado.

Se algún catequista quere recibir estes materiais electrónicos, deixo aquí os datos da Delegación:
Delegación Diocesana de Enseñanza y Catequesis
Plaza de la Inmaculada 4 - 15704 - Santiago de Compostela
Teléfono: 981581285

O día da charla é este mércores, día 16 de maio, ás 8,30 da noite, nos locais da catequese da Parroquia de San Francisco Xabier.

Agradecémo-la participación fiel de todos e convidámosvos a volver despois do verán.