Año Jubilar de la Misericordia

19 de agosto de 2013

Urca 2013: Desprogramate, vive, sente, silenzo...

Este ano URCA será na Raiña, Cabrui, Curtis, o próximo 30 e 31 de agosto.
Compartiremos arte, expresión, solidariedade e sobre todo o Encontro.

Reflexionaresmos sobre o silenzo, intentaremos atoparnos con nós mesmo e cos demáis....
Cara onde imos.... banca ética, ong, espiritualidade.....

Esperámoste!!!!


Espazo para atoparse con un mesmo e cos demais
So faltas ti
¡VEN!

 
Urca, neste 2013 invítavos a tod@s a participar dende a vosa realidade, experiencia, creación artística…

Este ano o venres teremos unha celebración na que reflexionaremos co tema do silenzo e viaxando cara o interior. Está totalmente aberto a o que queira participar, So ten que poñerse en contacto con nós para telo previsto:
Bea Pérez: bz.mosquera@gmail.com

O sábado teremos obradoiros, seminarios, mesas redondas, actuacións, concertos. Máis este ano poñemos todo o noso empeño en estar desprogramados e que o RELOXO non sexa un problema, queremos pasar un fin de semana compartindo e ilusionándonos con todo o que cada un ten de bo, e o que cada un de nós pode aportar ao outro.

Un esbozo de programa:
O venres, cearemos as 21.00 horas e logo teremos esta celebración na que haberá concertos, reflexións, teatro.
A partir das 22.00 da noite será esta celebración.

O sábado, tentaremos que o día nos leve a facer o pan e o queixo para compartir no xantar.
Falaremos da banca ética, o por qué desta crise. Falaremos cos máis desfavorecidos e cos que tentan aportar dende a súa realidade luz e vida. Teremos tempo para achegarnos a outras espiritualidades e compartir. Falaremos con realidades achegadas as ondg aportando a súa realidade e debatendo as problemáticas actuáis. Haberá tempo de xogos, tempo de silenzo, tempo de compartir.

As modalidades para dormir: acampada (nun lugar espectacular), ou compartir unha experiencia única indo as casas dos veciños do lugar.

O prezo para o Urca polo ti.

O ano pasado tivemos un pouquiño de frío…. Pero para este ano non deixedes de vir polo frío, teremos unha carpa que asemellará a esa barcaza de Urca, onde SO FALTAS TI!