Año Jubilar de la Misericordia

19 de noviembre de 2013

Carta Pastoral no Día das persoas sen fogar


"Ninguén elixiu vivir na rúa. Non se elixe a enfermidade. O compromiso de acompañar estas persoas, carentes de saúde e de fogar, leva consigo escoitalos. E isto é o que nos manifestan: “Sentímonos desamparados, sen apoio, fracasados, tristes e con moita rabia. Sentímonos apartados. Pero teño que achegar moito á sociedade. Temos moitos valores que compartir. Temos alegrías e ánimo para seguir loitando. Temos afectos, cariño e todo o tempo do mundo. Temos moita experiencia en apoiar aos demais, en dar a man ao compañeiro, en escoitar, talento que pode vir ben a todos. Temos comprensión e vida, ante todo, moita vida”. As súas enfermidades físicas e as súas condicións de vida levan a que moitas persoas os miren con medo ou, mellor dito, que por medo e comodidade nin os miren. Ás veces danse rodeos para non os encontrar". (D. Julian Barrio. Carta Pastoral no Día das persoas sen fogar 2013)

.