Año Jubilar de la Misericordia

20 de enero de 2014

Carta Pastoral no octavario de oración pola unidade dos cristiáns


Temos de acoller o don da unidade na construción e vivencia da comuñón eclesial. O ecumenismo constitúe unha dimensión existencial, un estilo de vida cristiá cuxo referente inmediato e último é a vida de Xesús e a súa Mensaxe. Crecer en comuñón con Deus en Cristo, ser fieis á propia identidade eclesial e á verdade, buscar a plenitude da unidade visible da súa Igrexa por medio da oración e o diálogo fraterno é o noso compromiso. “Ás veces xorden tensións e conflitos que feren a unidade da Igrexa, pero somos nós que as provocamos. Por iso hai que fomentar sempre a comuñón en todos os ámbitos da vida para crecer na unidade que Deus nos dá, e tamén para favorecer o camiño ecuménico. E, como esta unidade non é froito de acordos humanos, senón obra do verdadeiro artífice, o Espírito Santo, habemos de pedila con perseveranza na oración”. (D. Julian Barrio. Da Carta Pastoral no octavario pola unidade dos cristiáns 2014)

.