Festividade da Virxen do Carmen
xullo 2014
A alegría de evanxelizar
xullo 2014
A alegría de evanxelizar
"Ao longo de toda a nosa xeografía, o día da nosa Señora do Carmen, os homes e mulleres do mar facedes visible ante todos a vosa fe en Xesús Cristo e a confianza na protección da nosa Señora á que invocades frecuentemente no medio das vosas alegrías e tristuras, nos perigos e as tempestades, sabendo que Ela é para vós e para todos, a Estrela dos Mares" (...)
"O lema para a xornada deste ano: “Apostolado do mar, comprometidos na alegría de Evanxelizar”, inspirado na exhortación postsinodal do papa Francisco Evangelii gaudium, indícanos que non debedes esquecer o compromiso de evanxelizar no voso quefacer. É posible sementar e vivir a alegría do Evanxeo cando traballades por unha sociedade máis xusta, que defenda os postos de traballo e a seguridade nestes; cando sodes capaces de facervos cargo das dificultades dos demais e acudides na súa axuda; cando Xesús Cristo e o seu Evanxeo inunda os vosos corazóns e ese gozo reflíctese nos demais, aínda que non participen da vosa fe... entón facedes ver a todos que é posible, que o Evanxeo é Alegría da Boa Noticia da salvación, e que a Igrexa a proclama, servindo a cada home e a cada muller, no lugar e as circunstancias en que se encontren".
(D. Julian Barrio. Da Carta Pastoral na festividade da Virxen do Carmen 2014)
.