Año Jubilar de la Misericordia

14 de febrero de 2012

Escola de catequistas de Castrelo

Como catequista que asiste á Escola de Catequistas de Castrelo práceme relatarvos o noso sentir en relación á última reunión.

O pasado 25  de xaneiro estivemos de parabéns na Escola de catequistas de Castrelo. A Palabra de Deus foinos máis próxima grazas a José Antonio González que, por segunda vez, nos ensinou a ler, a entender a coñecer un pouco máis a marabilla da Palabra de Deus que se recolle na Biblia. Falounos desa linguaxe poética e incrible que nos invita a orar, a poñernos nas mans e na presenza do Pai. José Antonio invitounos a baixar dos nosos coches e a “subir aos camelos”, invitounos a viaxar polo deserto para entender cómo, cándo e porqué se inician os relatos asombrosos do Xénese, levounos da man dos marabillosos xardíns soñados como paraísos polos pobos nómades que souberon ver a bondade infinita, o amor, o alento a proximidade deste noso Deus… Pasou o tempo tan á presa escoitando a José Antonio… Sentimos un gran pesar cando se foi, tanta era a necesidade de saber, de aprender máis e máis, de entender. E aínda sabendo do privilexio que foi escoitalo nesta segunda ocasión, pregámoslle encarecidamente que nos acompañe noutra velada. Grazas José Antonio.
Rosa