Año Jubilar de la Misericordia

14 de febrero de 2012

Escola de catequistas na Coruña

Este mércores, día 15, contamos contigo na escola de catequistas para madurar na nosa fe, algo sempre necesario
.
Desde xa hai anos, ofrécese ós catequistas do noso arciprestado, e tamén ós da Vicaría, unha     proposta formativa estable a cargo do matrimonio de profesores formado por Luis Miguel e Manuela, de acordo coas directrices da Delegación de Catequese diocesá e co Plan Pastoral vixente (este ano o tema do Plan é a Palabra de Deus).
Reunímonos tódolos terceiros mércores de cada mes, durante o curso, na Parroquia de San Francisco Xabier (rúa do Mosteiro de Bergondo, s/n) de 20’30 a 21’30 horas. Esta escola xa ten un grupiño interesado en madurar na súa formación para saber dar unha catequese axeitada nas parroquias.
Carlos Platas Seixas