Año Jubilar de la Misericordia

18 de abril de 2012

Nova sesión da escola de catequistas da Coruña

Queremos lembrar ós catequistas da Coruña e de Arteixo que este mércores, día 18 de abril, en plena Pascua, haberá unha nova sesión da escola de catequistas da Vicaría.

A escola de catequistas da Coruña existe desde xa hai anos na parroquia de San Francisco Xabier tódolos terceiros mércores de cada mes, ás 8,30 da noite, grazas ó compromiso responsable do matrimonio formado por Luis Miguel e Manuela.

Esta escola naceu para dar un servizo ós catequistas do arciprestado de Riazor (Agra do Orzán da Coruña); foi acollendo catequistas dos outros arciprestados da Coruña e mesmo, ultimamente, de Arteixo, xa que, desde hai tempo, as parroquias do concello veciño pertencen ó noso arciprestado.