Año Jubilar de la Misericordia

19 de enero de 2013

Carta Pastoral no octavario pola unidade dos cristiáns



Que esixe o Señor de nós?

Queridos diocesanos:
A Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns de 2013 celébrase no Ano da Fe, que o papa Bieito XVI propuxo para celebrar o cincuenta aniversario da apertura do Concilio Vaticano II. O profeta Miqueas pregúntase: “Que esixe o Señor de nós?” (cf. Mi 6,6-8). Ao apóstolo Pedro e aos demais apóstolos preguntábanlles: “Irmáns, que debemos facer?” (Feit 2,37). Son dous interrogantes converxentes nesa preocupación que ha de unirnos a todos os cristiáns tratando de favorecer a unidade de todos os cristiáns.
O profeta Miqueas indícanos que temos que “practicar a xustiza, amar a fidelidade e comportarnos humildemente co noso Deus” (Mi 6,8). O verdadeiro ecumenismo comporta loxicamente un diálogo teolóxico que ha de estar avalado por unha actitude espiritual de vida e un testemuño común, o testemuño da verdade e da caridade. Isto é o que ha de dinamizar as nosas relacións ecuménicas. Traballar pola paz, promover o respecto á vida dende a súa concepción ata a súa morte natural, protexer a familia fundamentada no matrimonio entre un home e unha muller, axudar aos pobres e aos perseguidos pola súa fe, coidar a natureza... son entre outros referentes para o diálogo e o compromiso entre todos os cristiáns e mesmo cos non cristiáns...


.