Año Jubilar de la Misericordia

25 de septiembre de 2014

Presentación do curso catequético 2014-2015

Iniciación cristiá e novo catecismo

Despois dun longo e rico proceso de elaboración, un novo catecismo acaba de ser aprobado pola Conferencia Episcopal Española. O seu título é “Testigos del Señor”. Con el complétase unha secuencia de catecismos destinados á catequese de iniciación cristiá de nenos e adolescentes.

Un reto para a Igrexa e os cristiáns de todos os tempos
Sen ningunha dúbida, unha das maiores preocupacións da Igrexa universal de todos os tempos é conseguir que en cada momento e lugar xurdan novos cristiáns e cristiás, novos crentes en Cristo. Así, do mesmo xeito que a vida humana nesta terra ven á luz a través da xestación e o parto maternos, a Igrexa, nosa Nai, procrea e fai nacer á fe a novos fillos a través de todo un proceso vital coñecido co nome de “iniciación cristiá”. A través dela comézase a ser cristián! A través da iniciación nós mesmos un día comezamos a ser cristiáns!

http://www.ensenanzaycatequesis.org/Pdfs/Folleto-Secretariados-Galicia.pdf Folleto dos Secretariados de Catequese 2014-2015


Oración do Catequista 
San Xoán Paulo II

SEÑOR, fai que eu sexa a túa testemuña,
para comunicar a túa mensaxe e o teu amor.
Concédeme poder cumprir
a misión de catequista,
con humilde e profunda confianza.
Que a miña catequese sexa un servizo aos demais,
unha entrega xenerosa e viva do teu Evanxeo.
Recórdame continuamente
que a fe que desexo irradiar,
recibina de ti como don gratuíto.
Axúdame a vivila con responsabilidade
para conducir a ti aos que me confías.
Faime verdadeiro educador da fe,
atento á voz da túa palabra,
amigo sincero e leal dos demais,
especialmente dos meus compañeiros catequistas.
Que sexa o Espírito Santo quen conduza a miña vida
para que non deixe de buscarte e quererte,
para que non me venza a preguiza e o egoísmo,
para combater a tristeza.
SEÑOR, sírvote a ti e á Igrexa
unido á túa Nai María;
que como ela saiba eu gardar a túa Palabra
e poñela ao servizo do mundo.
Amén.