Año Jubilar de la Misericordia

11 de octubre de 2014

Camiño de Santiago por etapas, do Seminario Menor

¿Conoces algún chico de tu parroquia al que le viniera muy bien esta actividad?

Trátase dunha iniciativa que ven rondando nas nosas cabezas dende hai tempo; e é que, curiosamente, os que estamos máis preto da tumba apostólica somos moitas veces os que menos coñecemos o que acontece en torno a figura do Apóstolo: o fenómeno das peregrinacións e o camiño de Santiago pasan a ser para nós, en non poucas ocasións, uns grandes descoñecidos.

Despois de anunciarllo ás familias e a toda a comunidade educativa, poñemos en marcha esta andaina que dará comezo o domingo 12 de outubro e finalizará, Deus mediante, o domingo 10 de maio. Nela poden participar tódolos nosos alumnos (internos, externos e mediopensionistas), xunto coas súas familias, o profesorado e persoal do centro, así coma aqueles nenos e xóvenes que nos queran coñecer e están pensando na posibilidade de estudiar con nós nos vindeiros cursos.

Iremos informando previamente de todo o que atañe ás distintas etapas, aínda que hai unha serie de datos que son comúns e que expoñemos a continuación:

Datas
Domingos 12 de otubro, 9 de novembro, 14 de decembro, 25 de xaneiro, 22 de marzo e 10 de maio.
Saída: Dende o Seminario Menor de Santiago, ás 8:30h.

Etapas
Tui, Porriño, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis, Padrón e Santiago de Compostela.

Material necesario
Calzado cómodo e forte, roupa de abrigo, chubasquero, botellín de auga, comida de cada día…

Inscripcións
Por correo electrónico, indicando: nome e apelidos, idade, relación có Seminario. Dita inscripción deberá ser renovada antes de cada etapa, tendo coma data límite o xoves anterior á saída: santiromero@smasuncion.es
Sempre haberá correo de resposta para asegurar á inscripción. Ante calquer dúbida, podes escribir ao mesmo correo ou chamar ao 981 58 92 00.

Prezo
Obviamente trátase dunha actividade gratuíta, pero é necesario que todos aportemos para dar resposta ás necesidades que temos, coma é o caso do autobús que nos levará e nos traerá cada día. Por iso pedimos unha aportación por persoa e día de 10 euros.

No caso dos seminaristas internos, estos non deben preocuparse pola cuestión da comida nin da aportación económica, pois entra dentro do horario no cal conviven no Seminario.

Indicar ademáis que haberá sempre unha furgoneta de apoio ante ás dificultades que podan aparecer e na cal todos deixaremos a nosa comida para non ter que cargar con ela. Haberá distintas paradas segundo a dificultade de cada etapa para repoñer forzas.

Coma non podía ser de otro modo, ao inicio de cada etapa teremos unha breve catequese motivadora, oraremos xuntos e concluiremos á xornada, trala comida e o descanso, coa Eucaristía dominical. Trala celebración voltaremos ao noso punto de partida, no Seminario en torno ás 20:00h. aínda que esta hora pode variar segundo ás dificultades de cada etapa.

Non dubides en participar e en animar a todos aqueles aos que esta experiencia lles poda facer ben e queran coñecer un pouco máis de cerca o que procuramos vivir no Seminario Menor.