Día do Domund - outubro 2014
Renace a alegría
Renace a alegría
O misioneiro ao proclamar o Evanxeo vai sementando a paz, o amor, a xustiza, a liberdade e a educación, e con el a alegría que “enche o corazón e a vida enteira dos que se encontran con Xesús” . Todos os discípulos de Xesús estamos chamados a cultivar a alegría da evanxelización que alegra o corazón do home. “O gran risco do mundo actual, coa súa múltiple e abafadora oferta de consumo, é unha tristura individualista que xermola do corazón cómodo e avaro, da busca enfermiza de praceres superficiais, da conciencia illada. Cando a vida interior se clausura nos propios intereses, xa non hai espazo para os demais, xa non entran os pobres, xa non se escoita a voz de Deus, xa non se goza a doce alegría do seu amor, xa non palpita o entusiasmo por facer o ben. Os crentes tamén corren ese risco, certo e permanente”. É necesario encontrarnos co Señor. O encontro con El sempre produce alegría e ofrece as canles para dar sentido á vida.
(D. Julian Barrio. Da Carta Pastoral no día do Domund 2014)
.